Join for FREE | Take the Tour Lost Password?
[x]

deviantART

 

Historia dunha aranha anonima by ~papuel:iconpapuel:



Historia dunha araña anónima


Aquela pequena araña seguía sobre a sua tea, agardando a que calquer insecto caese na súa trampa, e así poder xantar dunha vez. Levaba case toda a noite sen probar bocado, e a súa tea levaba sen vibrar máis dun día. Se a cousa seguía como ata aquel momento, acabaría por morrer de fame. Tiña que facer algo. Só lle quedaban reservas para pasar esa noite, e probabelmente a noite seguinte.
Decidiu deixar de montar garda un anaco, baixando pola tea ata o lugar onde estaba a súa última captura: unha pequena mosquiña na que xa comezara a chuchar esa mesma noite. Ocorréuselle que quizais tivese que mudarse a outro sitio polo que pasasen máis moscas e máis grandes. Non tiña moitas opcións, así que chuchou o que quedaba de mosca e foise daquel frío lugar de paredes de pedra.
Pasou por moitos lugares interesantísimos, pero o máis interesante foi aquel no que quedara tanto tempo, preto dun pequeno regato no medio dun monteciño, polo que pasaban centos de insectos voadores que non vira xamáis. Xa había moitas arañas coas suas teas dispostas por todas partes, entre carballos e castiñeiros, entre fentos e flores, entre ervas e pedras. Ia a sair xa daquel lugar cando unha araña, xa con moitos anos, pediulle que se sentase un anaco a falar.
-Ti, que es tan xoven, ¿a onde vas?- perguntou a vella araña intrigada.
-Vou na procura dun novo fogar no que haxa de comer, e onde poida non morrer de fame.
-¿E lo? ¿Non é este un bó lugar pra quedares?
-É, abofé que si. Pero xa non quedan lugares pra unha araña nova coma min. Todos están xa collidos.
A araña quedou a pensar un tempo, e de súpeto, falou como se recuperara os anos perdidos.
-¿E lo non sería bó que quedases a vivir onde estou eu? Eu xa vou vella, e cada vez dame máis traballo facer as miñas teas para cazar. Sen embargo, ti ainda podes facelo polas dúas, e se me das de xantar, eu déixote o meu sitio. Mais os meus fillos nacerán en pouco tempo, e nese momento, un deles será o que quede co lugar. Pero mentres, podes quedar. ¿Que me dis?
Por suposto, aceptóu encantada, e así comezou un pacto entre elas.  Mentres unha facía as teas que dispoñía por todo o lugar, a outra agardaba pacientemente a que baixase a comida para poder chuchar nela.
Máis a nosa araña, lista como era, púxose a buscar outro lugar na fraga no que puidese quedar cando os fillos da vella araña nacesen.
Cada noite ía adentrándose máis na fgraga, sempre co tempo xusto pra volver, xantar, e durmir polo día.
Así, a terceira noite, viu ao lonxe unha longa ringleira de luces acesas que camiñaban cara algures. Cada vez estaban máis preto, e pronto puido distinguir a aquel animal ao que chaman persoa... Pero non eran persoas, eran diferentes. Camiñaban moi lentamente, con cirios acesos nas súas mans, e desprendendo eles mesmos unha luz que a araña deulle moito medo. Cando xa só quedaban uns metros para que aquela ringleira de persoas estrañas estivese sobre ela, a araña saíu correndo de alí todo o rápido que lle daban as súas oito patiñas... Non parou ata estar preto do que xa comezaba a ser a súa nova casa, e púxose a cazar outra vez, co medo no corpo de quen viu algo que non se pode ver.
Non foi, sen embargo, a única vez que viu a persoas diferentes. A quinta noite, mentres seguiá na procura dun lugar nas copas dos carballos, ficou un anaco a  mirar pra o ceo perlado de estrelas tililantes. De súpeto, unha persoa de longos cabelos e con enrugas pola cara pasou a voar moi preto, montada nun pau con cousas pendurando detrás. Foi moi rápido, e a araña case non sabía que fora o que vira.
O día seguinte saíu máis cedo, temerosa de que polas noites, naquel lugar, aparecesen máis persoas diferentes. Pero si viu a unha persoa normal. Era un home que estaba a durmir preto de onde antes estivera o lume, coberto pola pel dun animal grande e con moito pelo, de cor escura con manchas brancas. Non foi moi lonxe onde, cando xa caera a noite, veu a un animal grande, con moito pelo, de cor escura e con manchas brancas, cunha boca chea de dentes afiados, olfateando por tódalas partes algún rastro dalgún animal para comer.

-Dime, ¿estache a gostar a túa estancia aquí?- perguntou a vella araña mentres as dúas chuchaban nun insecto de grandes ás.
-Non sei. Hai persoas, pero non parecen persoas. Dan medo.
-Ah, si. Eu xa as vira fai moito. Pero non todas dan medo. Se vas cara aló, atoparas unha árbore moi vella, máis que tódalas demáis. Aló vive unha muller que cambia coas árbores. É fermosa, e sempre merece a pena ir a escoita-lo seu consello. Igual era bó que foses a vela.
E iso fixo. Levoulle moito tempo chegar ata a árbore máis vella que tódalas demáis. Aló non había muller ningunha. Non a había ata que a houbo, de súpeto e sen saber de onde saíra.
-¡Abofé que é fermosa!
Unha muller de rasgos delicados e ollos violáceos, coa pel e o pelo dun color case vermello, coma o das árbores. Sen embargo, as arañas non distinguen as cores, así que non o sabía. Pero si sabía que non lle tiña medo, como ás outras persoas diferentes. Un moucho apoiouse no brazo da muller, que esta estendera, e a araña comezóu a ter medo: non á muller, se non a si mesma, por que seguro que se ía ata aló, a fermosa muller desaparecería ante a visión dunha alimaña tan noxenta coma ela.
-E ti, arañiña, ¿non queres vir ata aquí?
A araña estaba fascinada: aquela muller non só era fermosa, se non que tamén falaba na língua que as persoas esqueceran xa fai tanto tempo.
-Iso é.
A araña trepou polo outro brazo da muller vermella.
-¿Cara onde ías cando chegaches á fraga?
-Í..Ía cara un novo fogar onde non morrer de fame.
-¿E como sabías que ías morrer onde estabas a vivir antes?
-Porque xa non pasan moscas como antes. Xa non tiña comida.
-E aquí tes. ¿Pero non te gostaba máis o outro sitio?
-¿E ti como o sabes?
-Pois porque mo di o teu corazón, palpexando no teu peito. Ti botas  en falta o fogar. O teu fogar era aquel. E ten por seguro que pasarán moitas moscas cando ti as precises, porque a vida recompensa aos que teñen paciencia. Pero tamén recompensa aos que se esforzan en buscaren solucións coma ti. Dime, ¿non viches cousas interesantes?
-Moitas, si. Pero tamén moitas que daban medo.
-O medo é importante. Quere dicir que segues viva, e que tes algo que perder. O medo é unha sensación maravillosa, non o esquezas. E agora, volve a o teu fogar.

Non vou a contar como a nosa araña despediuse da vella araña da fraga, nin como fixo para chegar de volta a aquel chan de pedras negras tan preto da súa casa, disposta a volver ao fogar do que fuxira en busca dunha vida mellor, e ao que agora volvía.
-Miau.
Un animal grande e peludo, con zarpas, vía a araña dende arriba. Ela sabía que aquel animal podía matala só con poñerlle unha pata enriba. Ficou para o animal, coma que mira á morte. O animal ficou para ela, coma  quen mira un xoguete. O animal extendeu a pata esquerda, e a araña correu cara a esquerda. Entón o animal tentouno coa dereita, e a araña case non o puido esquivar. Pensou que se puidese manchar ao animal coa súa tea, este quedaría un anaco a lavarse, como xa vira facer a eses animais, mentres ela podería fuxir.
Case sen avisar, o animal desapareceu cunha ráfaga de vento que fixo que a araña rodase metros e metros cara algures. Cando puido recuperarse, encamiñouse cara o fogar. Se mirase cara a súa esquerda, vería ao animal na estrada, tentando levantarse por última vez. Pero nunca mirou cara a esquerda.
©2008-2009 ~papuel
:iconpapuel:

Author's Comments

Galego:
Obra para o concurso de literatura da comunidade galega en Deviantart, ~GalicianArt co galo da celebración das Letras Galegas do ano 2008. Lembra votar pola túa obra favorita a partir do 17 de maio.

Pode parecer que a última escea estea fora de lugar, pero foi a causa de que eu quixese escribir esta historia. O outro día subía por unha estrada e vin un gato atropelado no medio e medio, e pensei: "Isto non quedará así. Dedicareiche unha historia" E iso é o que fixen. Por iso, esta historia vai dedicada a todos eses animais abandoados que morren nas estradas tódolos días...

Español:
Bueno, si fuisteis capaces de leerlo, supongo que no os costará leer el comentario de arriba, por que no me apetece volver a escribirlo.
Si no fuisteis capaces o no os apetecía intentarlo, pero teneis ganas de leerlo, contactad conmigo por e-mail (en mi página principal aparece), y si eso hago una traducción o os enseño gallego, lo que prefirais ^^

Comments


love 0 0 joy 0 0 wow 0 0 mad 0 0 sad 0 0 fear 0 0 neutral 0 0
:iconbeledra:
He podido leerlo medianamente bien, y me ha gustado. Me parece que a pesar de dedicarle le historia al gato, te fuiste un poco por las ramas...

Pero acepto tu propuesta de enseñarme gallego, siempre me ha resultado una legua interesante.

--
No escuches lo que dice; observa lo que hace.
~Beledra~
:iconpapuel:
Me alegro de que lo hayas leido ^^
La verdad es que buscaba algo sencillo pero que no fuese muy clara. Una de las cosas que más me costó fue dejar medianamente claro qué se iba encontrando por el caino sin llegar a escribir los nombres. De hecho, la palabra gato aparecía dos veces >_< (ya no aparece)

--
.·:~You opened your umbrella and hid your face,
but I could see your tears mixing with the falling rain~:·.
:icongalicianart:
:D :D Felicidades!!!! :D :D

Esta obra resultou SEGUNDA na categoría de LITERATURA no concurso das letras galegas de ~GalicianArt

Visita o journal: Letras galegas! Gañadores! para máis información >> [link]


Noraboa!


--
~GalicianArt
:icontrigork:
Noraboa, gustoume moito o relatiño, parecia un pouco infantil de comezos pero loego resulta profundo e todo.
Gustaronme as reminiscencias a toda esa marabillosa fauna mitoloxica galega que posuimos. Segue asim, queda en favoritos e seguirei ollando por mais relatiños.
:iconpapuel:
Alegrome de que che gostase. Cando o pensei, o relato ía ser algo máis longo, pero o final preferín deixalo así, ainda que non teño moi claro de por que... A min persoalmente gustame, ou se non non o publicaría... En fin, perdoa por que tardase tanto en contestar, e moitas grazas por comentar e polo fav ^^

--
.·:~You opened your umbrella and hid your face,
but I could see your tears mixing with the falling rain~:·.

Details

May 13, 2008
8.6 KB

Statistics

5
3 [who?]
195 (1 today)
22 (0 today)

Site Map